Blogue do alumnado de Diversificación do IES Pintor Colmeiro de Silleda

23 mar 2009

Harry Potter y la Orden del Fenix


Comentario de Vera Patricia Franco


Harry Potter y la Orden del Fenix
J. K Rowling
Salamandra


As aburridas vacacións de verán na casa dos seus tíos aínda non acabaron e Harry encóntrase máis inquedo ca nunca. Apenas tivo noticias de Ron e Hermione, e presinte que algo estraño está a suceder en Hogwarts. Efectivamente, cando por fin comeza o curso, os seus temores vólvense realidade. O Ministerio de Maxia nega que Voldemort regresou e inicia unha campaña para desprestixiar a Harry e a Dumbledore, para o cal asigna á horrible profesora Umbridge a tarefa de vixiar os seus movementos. Ademais de sentirse só e incomprendido, Harry sospeita que Voldemort pode adiviñar os seus pensamentos e intúe que o terrible meigo tenebroso trata de apoderarse dun obxecto secreto que lle permitiría recuperar o seu poder destrutivo.

No hay comentarios: