Amanecer
Stephenie Meyer
Alfaguara
Bella e Edward casan despois da súa graduación, pero a súa lúa de mel en Isla Esme queda truncada cando se descobre que Bella está embarazada. O embarazo avanza moi rápido, nun mes e pouco máis, e faille quedar moi feble, tanto que ten que alimentarse de sangue humana para non morrer de inanición. Durante o parto ela está a punto de morrer, pero Edward inxéctalle o seu veleno para converterla en vampiro. Teñen unha filla metade vampiro metade humana á que chaman Renesmee (Nessie), Jacob estaba decidido a matala pero imprima con ela. Todo vai ben ata que Irina do clan Denali vea cando están cazando e confúndea cun bebé convertido en vampiro (un neno inmortal), polo que avisa aos Vulturis. Fronte a isto, os Cullen deciden reunir testemuñas para que poidan verificar que Renesmee non é un neno inmortal. Ó final, convéncenos de que Nessie non é un perigo para os vampiros e o seu segredo, cando Alice aparece con outro neno inmortal de 150 anos que di ter irmás coma Nessie que tampouco son un perigo. Tamén se decubren os incribles poderes de Bella e de Nessie. E ao final, Bella controla tan ben os seus poderes que por fin consegue que a barreira que cobre os seus pensamentos de Edwad se abra e el poida ler canto o quere.
No hay comentarios:
Publicar un comentario