Blogue do alumnado de Diversificación do IES Pintor Colmeiro de Silleda

25 may 2009

Cielo negro sobre Kuwait


Comentario de Vera Patricia Franco

Cielo negro sobre Kuwait
Robert Westall
Alfaguara

Andy é un rapaz que se preocupa de verdade polo que lles sucede aos seus semellantes. Tal vez teña unha sensibilidade especial ou unha estraña percepción física. Os seus pais e o seu irmán maior vanse acostumando pouco a pouco as súas obsesións, pero cando estoupa a guerra do Golfo sorpréndeos cun estraño comportamento que transformará por completo a súa vida. Unha novela que combina a intriga e a acción cunha profunda reflexión sobre o absurdo da guerra.

No hay comentarios: